O INEGA (Instituto Enerxético de Galicia) a través de ACLUXEGA (Asociación Clúster da Xeotermia Galega) e coa colaboración da E.T.S. de Enxeñaría de Minas da Universidade de Vigo organiza o curso “Instalacións xeotérmicas de climatización con Bomba de Calor”. Trátase dun curso de Teleformación teórico-práctico, con titorías a través da plataforma de formación FAITIC da Universidade de Vigo, que será impartido por profesionais con larga experiencia no sector.

O curso que presentamos é  de carácter técnico sobre instalacións de climatización xeotérmica de baixa entalpía mediante o uso da tecnoloxía da bomba de calor, e supón unha acción formativa de gran interese para profesionais tanto do sector da Climatización das Enerxías Renovables como para estudantes de titulacións técnicas que teñan interese en complementar a súa formación nestas áreas.

Trátase dun curso específico sobre unha tecnoloxía cun gran potencial no noso país e cun gran percorrido futuro en procesos de calefacción e refrixeración, fronte aos tradicionais sistemas baseados en combustibles fósiles.

Obxectivo:

Capacitar para o Deseño de Instalacións Xeotérmicas de Climatización con Bomba de Calor Xeotérmica.

Destinatarios/as:

Profesionais Instaladores de sistemas de climatización e promotores, arquitectos, enxeñeiros, construtores, como principais prescritores e decisores.

Alumnos universitarios de estudos técnicos e másters en enerxías renovables.

Os profesionais, xestores e persoal técnico das institucións públicas e privadas en cada localidade, especialmente responsables técnicos de urbanismo e edificación (edificios administrativos, museos, piscinas, garderías, centros de día, ximnasios, etc).

Directores e profesionais técnicos e de mantemento de industrias agrícolas, hostalería e outras  industrias, que poidan beneficiarse dos sistemas xeotérmicos na optimización enerxética das súas unidades produtivas.

Público en xeral.

Entidades organizadoras

ACLUXEGA – Asociación Clúster da Xeotermia Galega.

INEGA – Instituto Enerxético de Galicia.

Financiadas por INEGA -XUNTA DE GALICIA.

Colabora ETSE Minas – Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Minas de Vigo.

Coordinador do Curso

Manuel Eusebio Vázquez Alfaya.

Dr. Enxeñeiro Industrial e profesor do Máster en Enerxía e Sustentabilidade. Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Minas de Vigo.

Sistema de Avaliación

Cuestionarios ao final de cada tema.

Exame Final do curso.

Expedirase un certificado/diploma de superación satisfactoria do curso.

Materiais

Os materiais didácticos facilitaranse a través da plataforma virtual.

Entregarase o “Manual de Climatización Geotérmica de ACLUXEGA” aos alumnos. Ao finalizar o curso entregarase a cada alumno un diploma de asistencia a este.

Calendario e Datas

Período de inscricións: do 20 de Abril ao 11 de Maio.

Período de docencia: do 9 de Maio ao 21 de Xullo.

Xornada presencial: 22 e 23 de Xullo.

Inscrición

O importe da inscrición será de 30€, e o pago xestionarase a través de ACLUXEGA.

Ficha Técnica do Curso: (pincha aquí)

Para máis información:  oficina@acluxega.es, ou no teléfono 886122895.

This Post Has One Comment

Comments are closed.

Close Menu