1. Posicionar a Galicia como referente a nivel nacional

O principal obxectivo de ACLUXEGA é convertirse nunha referencia no mercado xeotérmico galego e nacional. Galicia forma parte dun espazo xeolóxico de grande adaptación á tecnoloxía xeotérmica. A posta en valor das posibilidades de desenvolvemento desta tecnoloxía en Galicia, aplicando os protocolos de calidade de ACLUXEGA, permitirá crear un marco de referencia nacional para a promoción da xeotermia en España.

2. Normalizar os sistemas xeotérmicos e capacitar á base industrial

Ante as diversas técnicas e sistemas de traballo existentes, ACLUXEGA busca a homoxeneización das distintas fases do proceso de cálculo, prospección, instalación e mantemento dos servizos xeotérmicos. Trátase de consolidar unha base profesional capacitada para ofrecer os mellores estándares de calidade na instalación e desenvolvemento de proxectos xeotérmicos para a edificación en Galicia.

3. Fomentar o crecemento do mercado

Fortalecer o sector a través de campañas de concienciación, formación e estudos de mercado.

4. Potenciar o coñecemento da xeotermia

ACLUXEGA pretende trasladar á opinión pública as ventaxas desta forma de energía que leva máis de 40 anos aplicándose con éxito en Europa e en España.

Para o cumprimiento destes obxectivos, Acluxega desenvolve as siguientes actividades:

      • Planificar estratéxicamente vías de desenvolvemento do futuro do sector
      • Impulsa a cooperación e os encontros interempresariais para favorecer a xeración de ideas e sinerxias entre as empresas
      • Definir políticas e actuacións de interese común para os asociados
      • Desenvolver unha marca de calidade empresarial
      • Potenciar o intercambio de coñecemento entre os investigadores das Universidades e Centros de Desenvolvemento Tecnolóxico e os asociados
      • Potenciar a formación a tódolos niveis
      • Organizar cursos, seminarios, conferencias, congresos, … encamiñados a promover o uso e desenvolvemento desta tecnoloxía
      • Asesorar aos asociados sobre oportunidades de innovación, proxectos, subvencións, …
      • Establecer relacións estratéxicas con outras rexións punteiras do sector, outras agrupacións empresariais, institucións, …
      • Actuar como interlocutor coa administración pública
Close Menu