Dentro dos principais proxectos do Cluster, destacan varias iniciativas que forman parte da filosofía básica de ACLUXEGA:

Manual de Xeotermia

Un dos principais obxectivos de Acluxega é potenciar o coñecemento do sector e consolidar unha base profesional capacitada para ofrecer os mellores estándares de calidade na instalación e desenvolvemento de proxectos xeotérmicos para a edificación en Galicia. Con esta finalidade, Acluxega traballa na elaboración dun Manual de Xeotermia que reflicta diferentes aspectos sobre as instalacións xeotérmicas e sobre a situación do sector en Galicia.

Premios á eficiencia

Para insistir na importancia da eficiencia das instalacións xeotérmicas, Acluxega tamén traballa na creación dos Premios á Eficiencia. Estes galardóns recoñecerán aquelas instalacións que se consideren un exemplo de eficiencia enerxética en Galicia.

Close Menu