QUE É ACLUXEGA?

A Asociación Clúster da Xeotermia Galega nace en febreiro de 2010 co obxectivo de aglutinar a tódalas empresas dedicadas ao mercado da xeotermia cuns retos comúns, potenciar o coñecemento e a utilización desta fonte de enerxía renovable en Galicia e España.
Na actualidade conta con case 50 socios, aglutinando empresas de tódolos sectores relacionados coa xeotermia (instalación, perforación, material auxiliar, enxeñerías, distribuidoras, etc.), oriéntase ao desenvolvemento dunha estratexia conxunta dos seus membros, centrada na calidade, a formación e a concienciación, aspirando a convertirse nunha referencia no mercado xeotérmico galego e nacional.

NOSOS OBXECTIVOS

  • Posicionar a Galicia como referente a nivel Nacional
  • Normalizar os sistemas xeotérmicos e capacitar á base industrial
  • Fomentar o crecemento do mercado
  • Potenciar o coñecemento da Xeotermia

A TRAVÉS DE:

  • Popularización e divulgación da xeotermia a través de seminarios, conferencias, congresos, xornadas, artículos, etc.)
  • Capacitación, formación e información ás empresas, aos profesionais e aos usuarios
  • Asesoramento aos asociados sobre oportunidades de innovación, proexctos cooperativos, subvencións, etc.
  • Desenvolvemento de marcas de calidade empresarial
  • Normalización das instalacións xeotérmicas: Selo de calidade de Instalacións e Selo de Perforación (en desenvolvemento)
  • Colaboración con AENOR na Norma UNE-EN 100715-1:2014 “Diseño, ejecución y seguimiento de una instalación geotérmica somera”
  • Colaboración/Interlocución coa administración pública
  • Apoio e fomento da investigación, intercambio de coñecemento con Universidades e Centros Tecnolóxicos
  • Definir políticas, actuacións e relacións de interese común para os asociados
  • Fomentar o crecemento do mercado

PLANES DE FUTURO

  • Realización de proxectos internacionais
  • Plan de comunicación para a realización de grandes obras
  • Proxectos de extensión do Cuaderno de Climatización Geotérmica a grandes superficies de solo
  • Colaborar con entidades de todo o sector das enerxías renovables

SERVICIOS AOS ASOCIADOS

INFORMACIÓN:
  • Actualidade referente á xeotermia e a outras enerxías renovables
  • Subvencións, axudas, licitacións, disposicións normativas de interese para os asociados
  • Información de cuestións puntuais de interese para un asociado ou un grupo de asociados, tramitacións, xestións, etc.
GRUPOS DE TRABALLO
  • Posibilidade de integración nos grupos de traballo xa creados.
  • Posibilidade de propor novos grupos de traballo de interese.
  • Actualmente: Selo de Calidade Instalacións, Selo de Calidade Perforación, I
  • Congreso ACLUXEGA ,I Expo Congreso Nacional sobre XEOTERMIA- II
  • Congreso de ACLUXEGA (Comité Organizador e Comité Técnico), Formación, Documentación, Normativa , Lexislación…
  • Existencia dun Regulamento de Réxime Interior dos Grupo/Comisións de Traballo.
REPRESENTACIÓN E REUNIÓNS
  • Representación do Clúster en actos coa administración, xornadas, ferias ou congresos
  • Establecemento de reunións con outros sectores de interese e con todo tipo de entidades que podan beneficiar aos asociados do Clúster
  • Realización de acordos de Colaboración e Convenios con outras entidades de interese para o sector

OS SELOS DE CALIDADE DE ACLUXEGA

SELO DE CALIDADE DE INSTALACIÓNS:

Distintivo creado por ACLUXEGA para identificar a aquelas empresas que realizan súas instalacións cuns  estándares de alta calidade

SELO DE CALIDADE DE PERFORACIÓN:

Distintivo creado por ACLUXEGA para identificar a aquelas empresas que realizan perforacións xeotérmicas cuns estándares de alta calidade (en desenvolvemento)
Os Estándares dos Selos de Calidade básanse nun conxunto de boas prácticas, definidas e desenvolvidas por un grupo de expertos na materia, que deben cumplir obrigatoriamente as empresas que realizan as obras para garantir sistemas eficientes, fiables, duradeiros e co máximo respecto ao medio ambiente.

Que ofrecen os Selos de Calidade de ACLUXEGA ás empresas?

  • Un distintivo de calidade pioneiro en España e en Europa
  • A erradicación das malas praxis que poñen en perigo o desenvolvemento da actividade e do mercado
  • ACLUXEGA comprométese a publicitar na súa páxina WEB aquelas empresas que ostenten o Selo de Calidade
  • Identificar e dar visibilidade a aquelas empresas que obteñan o selo de calidade, premiando así o uso de boas prácticas. As empresas distinguidas co selo poderán utilizalo no seu material promocional e ofertas comerciais

PRESENCIA / VISIBILIDADE DOS ASOCIADOS

Na páxina web:
  • Mapa de Asociados por provincias
  • Listado según natureza dos asociados (fundadores, regulares, colaboradores, colectivos, de honor, institucionais)
  • Difusión específica das empresas que forman parte dos Selos de Calidade ACLUXEGA (instalacións e perforación)
  • Comunicación das actividades do clúster, difusión nos medios, etc.
    Participación aberta aos asociados.

DIFERENCIACIÓN NAS ACTIVIDADES

Descontos en:
  • Todo tipo de actividades organizadas polo clúster (congresos, xornadas, cursos de formación)
  • Anuncios (documentos, difusión,…)
Cursos
  • “Curso de Instalacións de Climatización con Bomba de Calor Xeotérmica”, que permite acceder ao Selo de Calidade de Instalacións de ACLUXEGA
  • “Curso de Iniciación ás Instalacións Xeotérmicas de Climatización con Bomba de Calor”
  • “Curso de Aplicación práctica de Marketing para a venta de Sistemas Enerxéticos Renovables”
  • “Curso de posta en Marcha e Mantenimento De Bombas De Calor Xeotérmicas”

OUTRAS ACTIVIDADES

  • Realización de congresos, recientemente se desenvolveu o “ I Expo Congreso Nacional sobre Xeotermia- II Congreso ACLUXEGA: Eficiencia Enerxética e Reactivación Económica. Xeotermia e outras Tecnoloxías”
  • Formación: Cursos, Xornadas, Conferencias
  • Publicación do Manual de Climatización Xeotérmica ACLUXEGA
  • Premio á Divulgación e á Promoción da Xeotermia
  • Colaboramos co Comité de Expertos de AENOR para a elaboración dunha norma UNE para este tipo de instalacións, xa en exposición pública.
  • Promoción da Enerxía Xeotérmica e da súa tecnoloxía como unha das enerxías renovables máis eficientes do mercado
  • Impulsar a formación técnica continua do persoal das empresas e súa especialización en novas tecnoloxías, mediante o desenvolvemento de actividades de formación técnica e ocupacional

Máis información neste enlace

Close Menu