O ICOG aposta pola xeotermia coma enerxía segura, autóctona e barata fronte á dependencia exterior

O presidente do Ilustre Colexio Oficial de Xeólogos (ICOG), Luis Suárez, recordou que "ante a actual situación de conflito nos países árabes e posibles problemas de abastecemento, a xeotermia se sitúa como unha enerxía limpa, segura, barata e ademais autóctona". Nesa liña comentou que os dous principais problemas do modelo enerxético español son "a dependencia do exterior e o déficit nos plans de eficiencia".

Continue Reading

Galicia poderíase aforrar 10 millóns de euros anuais coa enerxía xeotérmica

Se se empregase enerxía xeotérmica en todos os centros de saúde, escolas e bibliotecas de Galicia, poderíanse aforrar 10 millóns de euros ao ano e producir 52.000 toneladas menos de CO2 cada ano, o equivalente a 13.000 campos de fútbol de superficie arboredo. Con estes datos, o Conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, resumiu os bos resultados do plan piloto que permitiu a implantación deste tipo de enerxía en cinco edificacións galegas.

Continue Reading

A Deputación de Ourense comeza a instalación dun sistema xeotérmico para o Paco Paz

A semana pasada comezaron as obras para a instalación dun sistema de enerxía xeotérmica para quentar a auga do pavillón de deportes Paco Paz. Os traballos, que comezaron cunha sondaxe do campo xeotérmico e un test de resposta do terreo, forman parte do proxecto Climatlantic, no que participan diversas institucións de cinco países europeos entre as que está a Deputación ourensá.

Continue Reading

Medio Ambiente promoverá un modelo económico máis eficiente no uso dos recursos naturais

O Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Medio Mariño (MAMRM) impulsará o desenvolvemento dunha economía española sustentable, baixa en carbono e máis eficiente no uso dos recursos naturais e materiais. Así o asegurou  Jesús Hortas, director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do ministerio na cea anual do Ilustre Colexio Oficial de Geólogos (ICOG).

Continue Reading
Close Menu