Definición

A enerxía xeotérmica é a enerxía alternativa máis eficiente. Trátase dunha enerxía limpa e renovable que aproveita a calor do subsolo para climatizar de forma ecolóxica.

Presenta importantes vantaxes respecto a outros sistemas de climatización renovables, xa que é un dos poucos sistemas que permite obter refrixeración, calefacción e auga quente sanitaria coa mesma instalación.

Pode utilizarse tanto en grandes instalacións como en vivendas unifamiliares. Unha instalación xeotérmica permite aforrar ata un 70% na factura enerxética e tamén reducir as emisións de CO2.

A xeotermia utilízase en numerosos países do centro de Europa dende fai máis de 40 anos como principal fonte de enerxía. En España, súa implantación está sendo máis lenta, pero hoxe en día existen numerosos edificios que xa contan con esta forma de enerxía.

A normativa vixente en materia de edificación está potenciando o uso da xeotermia. O Plan de Enerxías Renovables (PANER) 2011-2020 compromete a España cubrir o 20% da enerxía consumida a partir de fuentes renovables e o Código Técnico da Edificación en España indica que tódolos edificios de nova construción e rehabilitación están obrigados a cubrir parte das súas demandas de auga quente sanitaria a partir de enerxías renovables, como o é a enerxía xeotérmica.

Aplicacións

A enerxía xeotérmica pódese usar tanto en edificacións con grandes requirimentos enerxéticos, como hospitais, edificios de oficinas, bloques de vivendas, hoteles, etc…, así como para construcións con menos consumo de enerxía, como poden ser as vivendas unifamiliares, casas de campo e chalets. Asimesmo, a xeotermia se pode implantar incluso en edificios xa construidos.

A enerxía xeotérmica presenta múltiples aplicacións:

  • Calefacción en vivendas, edificios, naves industriais, etc.
  • Refrixeración
  • Produción de Agua Quente Sanitaria
  • Climatización de Piscinas
Close Menu