A enerxía xeotérmica presenta numerosas vantaxes frente aos sistemas de climatizació convencionais e frente ao resto de sistemas alternativos:
  • Pódese aproveitar de forma continua e previsible as 24 horas do día durante tódolos días do ano.
  • Trátase dunha enerxía renovable, rentable e eficiente..
  • Evita a dependencia enerxética, tanto na vida cotiá como en caso de desastre.
  • Os residuos que produce son mínimos e ocasionan un impacto ambiental reducido, moito menor co orixinado polo petróleo, carbón, gas natural ou similares.
  • Non necesita depósitos de combustible nin baterías para o seu funcionamento, o que aporta sinxeleza e reduce costes iniciais e de mantemento.
  • Ao aproveitar a enerxía xeotérmica non se produce ningún tipo de combustión, polo que se trata dun sistema máis seguro e limpo.
  • É un sistema de gran aforro, tanto económico como enerxético.
  • Non provoca ruidos exteriores nin emisións no punto de consumo.
  • Súa utilización non provoca ningún tipo de impacto visual. Polo que non condiciona a arquitectura nin o deseño final das edificacións.
  • As reservas de recursos xeotérmicos son maiores que as dos recursos de carbón, petróleo, gas natural e uranio combinados.
  • Non está suxeita a prezos internacionais, senón que sempre pode manterse a prezos nacionais ou locais.
  • Permite flexibilidade na ubicación e readaptación para futuras necesidades da edificación.
Close Menu