Manual de Climatización Xeotérmica – ACLUXEGA

A realización do Maual de climatización – ACLUXEGA surxe como unha iniciativa conxunta de ACLUXEGA – Asociación Cluster da Xeotermia de Galicia e da dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Xunta de Galicia para por en valor tanto a importancia como a calidade do traballo que realizan as empresas que se dedican á xeotérmia en Galicia, e se enmarca dentro da colaboración que veñen mantendo ambas institucións dende o nacemento de ACLUXEGA

Esta publicación entra de cheo nas liñas principais de taballo da Asociación, como a información, difusión, formación e capacitación sobre a xeotérmia; e a súa única pretensión é reverter e aportar o capital de coñecemento das empresas que forman parte de ACLUXEGA á base industrial e a tódalas empresas e persoas que estean interesadas en implementar este tipo de tecnoloxía, fomentando, a súa vez, a boas prácticas.

Este manual pretende ser unha referencia no sector, aportando un visión técnica e empírica de desenvolvemento de todo o proceso de instalación dun sistema de xeotermia de moi baixa temperatura. Non só fai referencia a conceptos teóricos, se non que vai más alá. Recolle a experiencia do traballo cotidiano das nosas empresas para un aproveitamento integral dos coñecementos teóricos e prácticos.

Foi redactada ca mellor bontade, experiencia e coñecemento que teñen os excelentes profesionais que forman parte do clúster, polo que os capítulos expostos teñen a impronta do seus autores que, con dedicación e xenerosidade, desenvolven ás diferentes temáticas.

O Manual desenvolve todo o proceso da creación dun sistema de baixa temperatura.

Recolle en diferentes capítulos e ao longo de 440 páxinas, as distintas fases deste tipo de instalacións:

  1. Perforación e remate de sondeos xeotérmicos superficiales
  2. A captación xeotérmica
  3. Bomba de calor
  4. Sistemas de emisión
  5. Control dunha BCG
  6. Instalación dunha BCG
  7. Posta en marcha de todo o sistema e información ao cliente
  8. Necesidade do mantenimento e a detección dos posibles fallos dunha BCG
  9. A importancia da conxugación do marketing e a venta para un mercado tan específico como é o da xeotermia
  10. Normativa existente descendendo do nivel Europeo ao Autonómico
  11. Un módulo práctico que da veracidad ao anterior

Así pois, o manual ten en conta tódalas partes do sistema (captación – xeración – distribución) e é eminentemente práctico:

Como ven, trátase dunha publicación que aborda tódolos eslabóns da cadea de valor deste sistema productivo, partendo dende o marketing e as accións de venta, pasando polo deseño, execución, control e mantenimento destes sistemas, finalizando co marco normativo de aplicación”. (Prólogo)

O manual difundirase entre prescriptores da xeotermia (arquitectos, enxeñeiros, aparexadores,…) empresas, entidades e organismos de interese para a difusión da xeotermia. Esta publicación está apoiada pola Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Xunta de Galicia.

Esta iniciativa pretende, en definitiva, “por en valor, tanto a importancia, como a calidade do traballo que realizan as empresas que se dedican á xeotermia en Galicia”.

Aquí está depositada a nosa contribución ao coñecemento e aplicación desta tecnoloxía, para que sirva a outros profesionais, empresas e entidades que busquen como nos mejorar, perfeccionar e chegar ós estándares de calidade máis altos e os maiores niveis de eficiencia enerxética no ámbito da geotermia.

Aquí poden verse algunhas reseñas sobre o manual. 

Este Manual está disponible na página web de ACLUXEGA

Pedir Manual ACLUXEGA

Edición: 1ª Febreiro 2013

Idioma: Castelán

Descripción: Desenvolvemento de todo o proceso de instalación dun sistema de xeotermia de moi baixa temperatura”

Para 1 exemplar: 49€ –  (IVA incluido)  + Gastos de envío.

De 2 a 9 exemplares: 44€ –  (IVA incluido)  + Gastos de envío.

A partir de 10 exemplares: 39€ –  (IVA incluido)  + Gastos de envío.

Precio asociados:
1 exemplar: 29€ (IVA Incluido) + Gastos de Envío
De 2 a 9 exemplares: 25€ (IVA Incluido) + Gastos de Envío
A partir de 10 exemplares: 20€ (IVA Incluido) + Gastos de Envío
Gastos de Envío:
Península (España e Portugal) 4,50€ (Precio envío 1 exemplar o cada 2 exemplares)
Baleares e Canarias: 7,00€ (Precio Unitario)
Europa, incluido Groenlandia: 15,00€ (Precio Unitario)
Resto de países: 23,25€ (Precio Unitario)
Forma de Pago
Realizar ingreso ou transferencia na Conta:
      ACLUXEGA – Asociación Clúster Xeotermia Galega – Banco Pastor Popular
      IBAN.: ES38 0238 8319 3506 0010 7690
      BIC: PSTRESMM
ConceptoNome e Apelidos – Manual ACLUXEGA
Close Menu