1.   ACTUACIÓNS REALIZADAS POR PERSOAL CONTRATADO CON CARGO Á SUBVENCIÓN

  • Xestionar os servizos dirixidos aos asociados de Acluxega co emprego de novas tecnoloxías. Atención diaria e asesoramento aos asociados de forma telemática e telefónica.
  • Rexistro, control de entrada e saída de documentos que afectan a asuntos relacionados coa implantación da transformación dixital, posible financiamento e subvencións, tele-traballo e eficiencia enerxética, a través do seguimento constante da evolución das institucións e organizacións canalizando as necesidades do Clúster e os seus asociados.
  • Preparación e organización de actividades de colaboración coas persoas asociadas para a confección e presentación de subvencións ante organismos oficiais.
  • Control e seguimento de programas/subvención relativos ás enerxías renovables e axudas de financiamento a empresas.
  • Actualizacións constante a asociados en materia COVID-19, boletíns informativos sobre cambios na lexislación así como recomendacións de seguridade no traballo e os cambios nas diferentes fases dos estados de alarma e restricións, na medida que puidera afectar ao desenvolvemento normal no traballos desenvoltos polos asociados.
  • Xestión e actualización diaria da páxina web, redes sociais como Twitter e Facebook. Envío de comunicacións e noticias a través das redes sociais.
  • Renovación da páxina web e creación de contido para dar publicidade non só de ACLUXEGA senón tamén dos seus asociados e ás súas actividades. Enfocado ao relanzamento comercial.
  • Colaboración con entidades do contorno para o fomento da Xeotermia: asociacións empresariais, fundacións, administracións.
  • Realización de contactos e actividades coa Universidade de Vigo para dar a coñecer ao Clúster e captación de alumnos interesados na xeotermia.
  • Participación en reunións, programación e desenvolvemento de planning de Jornadas/Congresos/Webinars
  • Procedementos de selección de curriculumns e distribución ás empresas do Clúster para os procesos de selección de personal.
  • Participación directa na elaboración, execución e avaliación dos programas, así como na confección das correspondentes memorias.
  • Recollida e almacenamento de datos estatísticos.
  • Participación co resto do equipo na discusión de todos aqueles aspectos organizativos que xurdan para a mellora da actividade, tanto do traballo interno como a prestacións dos servizos do Clúster.
  • Difusión e envío de manuais da II edición do manual de climatización Xeotermica.
  • Participación na elaboración do informe: Estudo do papel da Xeotermia na Transición Enerxética Xusta.
  • Calquera outra función de apoio solicitada pola Dirección.

Xestión dos servizos dirixidos aos Asociados de Acluxega:

  • Revisión diaria de boletíns oficiais autonómicos DOG e Boletíns provinciais, co fin de detectar calquera normativa, concurso e/ou contratación de servizos que poida interesar ás empresas asociados ao clúster (xa sexa a situación actual do COVID-19, subvencións ou axudas a empresas derivadas da situación actual ou relacionadas coa súa ocupación, axudas para a dixitalización das empresas).
  • Revisión diaria a nivel estatal do BOE e dos Boletíns autonómicos co fin de detectar normativa e/ou contratación de servizos que poidan ser de interese ás empresas.
  • Actualización diaria do facebook, twitter e a web de Acluxega.

Publicidade aos asociados por medio da web de Acluxega e en periódicos locais. Deseño dun anuncio con motivo do Día Internacional contra o Cambio Climático sobre o PAPEL DA XEOTERMIA PARA A TRANSICIÓN XUSTA, o Clúster e os seus asociados e en Faro de Vigo, La Región, El Atlántico, El Correo e La Voz na semana

  • do 19 de outubro de 2020.
  • Non se realizaron materiais específicos para os procesos de selección, puxéronse os CVs que normalmente se achegan á asociación á disposición das empresas asociadas.
  • Búsqueda diaria de noticias relacionadas coa xeotermia, co fin de publicar noticias e novidades a través das redes sociais de acluxega, principalmente a búsqueda de novas faise a través dos seguintes portais:

www.energias-renovablescom; www.gciencia.com; www.ciemat.es;

www.piensaengeotermia.com; www.geotermiaonline.com

  • Envío de comunicacións e novas aos asociados a través das redes sociais.
  • Elaboración de documentos a modo de resumen para enviar aos asociados, das subvencións do INEGA dirixidas á xeotermia e axudas a empresas derivadas da situación económica do COVID-19. Documento das subvencións de eficiencia enerxética dirixida ao sector industrial e hoteleiro. Documento resumen da Resolución pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de enerxías renovables. Boletíns sobre o teletraballo e as últimas novas sobre os repetidos cambios lexislativos e restricións derivadas pola situación do COVID-19.
  • Apoio ás empresas do Clúster no proceso para cubrir e presentar as subvencións abertas ante os organismos oficiais que proceda.
  • Envío mails e comunicacións a través de listas de distribución as empresas e entidades integrantes do clúster.
  • Detección de novos proxectos emblemáticos que se poñan en marcha no territorio, co fin de contactar ben cos arquitectos responsables ou ben cos promotores, co fin de que poidan incluír a xeotermia en ditos proxectos.

Colaboración con entidades/administracións do contorno para fomento da xeotermia:

  • Recollida e almacenamento de datos estatísticos relativos ao emprego relacionado coa xeotermia na cidade de Vigo e tamén na comunidade autónoma galega. Recollida e almacenamento de datos relativos ás instalacións xeotérmicas na comunidade autónoma de Galicia.
  • Elaboración dun listado de organizacións empresariais pertencentes ao sector de climatización de toda Galicia, co fin de recoller información do sector para a redacción do INFORME DO PAPEL DA XEOTERMIA PARA A TRANSICIÓN XUSTA , dentro da Estratexia Galega de Impulso á Xeotermia 2021 – 2030.
  • Contactos directos coa Universidade de Vigo para a xestión de prácticas de alumnado. No período do proxecto realizaron prácticas en Acluxega: 1 alumno de enxeñaría de minas e enerxía.

Planificación, programación e desenvolvemento de accións formativas:

  • Planificación, programación e difusión das Xornadas de Xeotermia: “Webinar Gratuito Convocatoria de ayudas a la inversión en energías renovables térmicas y eléctricas”
  • Participación no Foro Tecnolóxico de Emprego da UVigo.

Promocionar e difundir información sobre Acluxega e a Xeotermia no Día Mundial da

  • Eficiencia Enerxética.
  • Promocionar e difundir a nova edición do manual de Climatización Xeotérmica, publicado por Acluxega.
  • Fomentar as boas prácticas no proceso de análise e instalación de sistemas de climatización xeotérmica.
  • Formación en Riscos Laborais, en setembro.

Participación na elaboración de Informes e documentos de ACLUXEGA co fin de presentalos ante organismos da administración autonómica:

  • Participación na elaboración da Memoria de ACLUXEGA 2020
  • Participación na elaboración do Documento:
  • ESTUDO DO PAPEL DA XEOTERMIA CARA A TRANSICIÓN ENERXÉTICA XUSTA, dentro da Estratexia Galega de Impulso á Xeotermia 2021 – 2030.
  • Participación na elaboración do texto do Convenio de Colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) e a Asociación Clúster da Xeotermia Galega(ACLUXEGA), para actividades de divulgación, difusión, promoción e formacións sobre a Xeotermia en Galicia.
  • Outras actuacións desenvolvidas no marco do Programa:
  • Rexistro, control diario de entrada e saída de documentos que afectan a asuntos relacionados coa implantación da eficacia enerxética, axudas, becas, subvencións, COVID-19, etc.
  • Elaboración de dossiers explicativos da Asociación e da enerxía Xeotérmica.
  • Accións de sensibilización e difusión de información e actividades a través de mails sectoriais programados.

Traballos e tarefas de apoio diario á Dirección do Clúster.