A Asociación Cluster da Xeotermia Galega foi galaroada na tercera edición de los PREMIOS GALICIA DE ENERGÍA  como MELLOR ACTUACIÓN DE SENSIBILIZACIÓN E DIFUSIÓN EN MATERIA ENERXÉTICA.
Estos premios son organizados  pola Asociación de Enxeñeiros Industriais de Galicia (AIIG), en colaboración co Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG). Trátase duns premios que se conceden a persoas e entidades que destacaron no campo da enerxía en Galicia no último año. Os premios entregaranse na Noite da Enerxía, que terá lugar o próximo 4 de marzo no Hotel Monumento San Francisco de Santiago de Compostela. Trátase dunha cita de referencia para o sector enerxético de Galicia, que ademáis, conta co patrocinio principal de Gas Natural Fenosa. A Noite da Enerxía chega a súa tercera edición convirtíndose no evento do año que congrega non só ao sector enerxético da comunidade, senón tamén a unha ampla representación dos axentes políticos, económicos e sociais da sociedade galega.
Entre as accións realizadas por Acluxega, que se valoraron para a concesión deste premio destacan:  a publicación de manuais, a elaboración e posta en marcha de selos de calidade, a celebración de congresos internacionais e numerosas conferencias, eventos e outras tarefas de divulgación da tecnoloxía xeotérmica.
Os premios falladon  ademáis de na categoría de mellor actuación de sensibilización e difusión en meteria enerxética onde foi galardonada Acluxega nas categorías de comunicador en materia enerxética, outorgado ao periodista Julio Pérez; mellor proxecto en iluminación, outorgado á empresa Iberdrolamellor proxecto en innovación, para Genesal Energy; mellor proxecto de enerxías renovables, que fue  parar a UTE Navantia-Windar;  e mellor proxecto de eficiencia enerxética co que se distinguiu ao Colexio Junior’s-Serman Sillán-SaunierDuval.