O Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia é unha Corporación de Dereito Público, amparada pola Lei e recoñecida polo Estado, con personalidade xurídica propia e plena capacidade para o cumprimento dos seus fins e o exercicio das súas funcións.
Son fins esenciais do Colexio a ordenación do exercicio da profesión de Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos, a representación exclusiva da profesión e a defensa dos intereses profesionais dos Colexiados, todo iso sen prexuízo da competencia das Administracións Públicas por razón da relación funcionarial. Así mesmo, o Colexio ten como finalidades específicas fomentar a solidariedade profesional, contribuír ao progreso da Enxeñería de Camiños, Canles e Portos, promover as competencias desta profesión e cooperar na conservación do seu legado histórico, todo iso con espírito de servizo á sociedade.

Plaza de la Milagrosa, 2 bajo, 15008 A Coruña

Tlf: 981 248 355
Mail: galicia@ciccp.es
www.caminosgalicia.gal