Cofinanciado polo Consello Social  da Universidade de Vigo, ACLUXEGA (Asociación Cluster da Xeotermia Galega)  coa colaboración da E.T.S. de Enxeñeiros de Minas da Universidade de Vigo organiza o curso «Introdución ás perforacións  xeotérmicas» un curso presencial que será impartido por profesionais con longa experiencia no sector.

OBXECTIVO

Adquirir coñecementos prácticos na execución dunha perforación xeotérmica, a introdución do intercambiador co terreo e a súa posterior cementación.

DESTINATARI@S

Profesionais interesados/as en adquirir coñecementos xerais sobre peroforacions xeotérmicas.

Estudantes universitarios de carreiras técnicas.

MATERIAIS

Entregárase a cada alumno/a o material didáctico do curso en formato díxital.

Ao finalizar o curso entregarase a cada alumno/a un diploma de asistencia a este.

DATAS E HORARIO

Período de Docencia: 30 e 31 outubro

30 outubro ( 08:45h a 14:15h e 16:00h a 19:00h)

31 outubro (09:00h a 14:00h)

INSCRICIÓN

A Cota de inscrición é de 70 €, con descontos para estudantes, asociados/as e desempregados/as.

Estudantes: 40 €

Asociados/as e desempregados/as: 50 €

O pagamento xestionarase a través de ACLUXEGA.

Os alumnos/as interesados/as no curso deberán contactar con nós a través do correo electrónico acluxega@acluxega.es ou no teléfono             886 122 895.

CONTACTO

Teléfono:  886 122 895

acluxega@acluxega.es

Data límite de inscrición: ata o 22 de outubro

Prazas limitadas: 60

Para máis información e ver programa do curso  Pica aquí

Esta entrada tiene 2 comentarios

Comentarios cerrados.