A Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía é un centro universitario público que oferta formación nos niveis de Grao, Máster e Doutoramento nas áreas de enxeñaría da enerxía, enxeñaría de materiais e enxeñaría de recursos minerais, formación académica que se completa coa formación ética e humanística do alumnado, estando o centro especialmente comprometido coa construción de valores igualitarios. Como centro de formación de profesionais no ámbito da enxeñaría, a Escola ten unha relación de colaboración intensa e permanente co sector industrial e empresarial neste ámbito, completando a oferta académica cunha intensa actividade investigadora e de transferencia.

Rúa Maxwell, As Lagoas – Marcosende, 36210 Vigo – Pontevedra