ACLUXEGA continua co programa de actividades de impulso e formación sobre instalacións xeotérmicas que se ven desenvolvendo durante os últimos anos, ahora organizamos o “Curso Introducción ás perforacións Xeotérmicas” no que se acometerán aspectos relacionados coa perforación xeotérmica, así como ferramentas de dimensionado dos seus elementos e experiencias reais de execución.
Nome: Curso de Introdución as Perforacións Xeotérmicas.
Modalidade: Presencial
Próximamente Setembro 2015
Duración: 15 horas
Lugar de Celebración: Instalacións da ETSE Minas, Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Minas da Universidade de Vigo.
Entidade Organizadora: ACLUXEGA, Asociación Clúster da Xeotermia Galega.
Obxectivo
Este curso pretende facilitar coñecementos prácticos na execución dunha perforación xeotermia.
Destinatarios
– O curso está dirixido a xeólogos, enxeñeiros de perforación, y persoal de xestión que son novos na área de perforacións xeotérmicas.
– Profesionais interesados en adquirir coñecementos xerais sobre a execución das perforacións xeotérmicas.
– Estudantes universitarios de carreiras técnicas.
Programación
1. Introdución á enerxía xeotérmica
2. Subsolo e perforación
– Estudo xeolóxico preliminar á perforación xeotérmica.
3. Tecnoloxía e maquinaria de perforación
– Compoñentes principais dun equipo de perforación xeotérmica superficial
– Perforación ha roto-percusión pneumática con martelo en fondo
– Perforación a rotación con circulación de lamas
– Fluídos de perforación
– Sistemas de perforación con revestimento simultáneo
4. Fases de perforación/revestimento/cementación segundo a natureza do terreo
– Terreo non consolidado
– Terreo non consolidado en superficie e Consolidado en Profundidade
– Terreo non consolidado en superficie e Consolidado en Profundidade
– Terreo consolidado
5. Plan da Perforación
– Planificación dos traballos
– Cálculo de materiais, abastecemento e equipos necesarios.
– Acceso á obra e espazos de traballo
– Drenaxe da parcela
– Abastecemento de auga e electricidade en obra
6. Cálculo do captador xeotérmico
– Cálculo mediante realización dun Test de Resposta Térmica (T.R.T.)
– Cálculo aproximado da lonxitude do intercambiador
7. Control de execución
– Posicionamento dos de equipos
– Recollida de información
– Toma de mostras
– Avaliación de zonas permeables e niveis freáticos
– Velocidade de avance (rate of penetration ROP)
– Descenso e selado do intercambiador
Descenso do intercambiador
Inxección da mestura térmica
Probas de estanquidade
Protección dos intercambiadores
8. Informe final
9. Problemas frecuentes durante as fases de perforación e cementación
– Atasco da sarta de perforación
– Entrada de grandes caudais de auga ó sóndeo
– Interconexión entre sondaxes próximos non cementados
– Rotura do tallante ou trialeta
– Flotación das sondas durante á fase de inxección
– Arrastre das sondas durante a retirada da intubación principal
– Acuíferos novos
– Procedementos de control ante situacións inesperadas
– Lodos de control de sobrepresións
10. Regulamento xeral do selo de calidade en perforación