A Asociación Cluster da Xeotermia Galega (ACLUXEGA) nace en febreiro de 2010 con só 25 integrantes, constituóndose oficialmente o 19 de Xaneiro de 2011 co obxectivo de aglutinar a todas as empresas galegas dedicadas ao mercado da xeotermia e potenciar o coñecemento e utilización desta fonte de enerxía renovable en Galicia e España.
A asociación, que na actualidade conta con máis de 44 socios, oriéntase ao desenvolvemento dunha estratexia conxunta dos seus membros centrada na formación e na concienciación.
ACLUXEGA aspira a convertirse nunha referencia no mercado xeotérmico galego e nacional.
OS NOSOS OBXECTIVOS
- Posicionar a Galicia como referente a nivel Nacional
- Normalizar os sistemas xeotérmicos e capacitar á base industrial
- Fomentar o crecemento do mercado
- Potenciar o coñecemento da Xeotermia
A TRAVÉS DE:
- Popularización e divulgación da xeotermia a través de seminarios, conferencias, congresos, xornadas, artículos, etc.)
- Capacitación, formación e información ás empresas, aos profesionais e aos usuarios
- Asesoramento aos asociados sobre oportunidades de innovación, proexctos cooperativos, subvencións, etc.
- Desenvolvemento de marcas de calidade empresarial
- Normalización das instalacións xeotérmicas: Selo de calidade de Instalacións e Selo de Perforación (en desenvolvemento)
- Colaboración con AENOR na Norma UNE-EN 100715-1:2014 “Diseño, ejecución y seguimiento de una instalación geotérmica somera”
- Colaboración/Interlocución coa administración pública
- Apoio e fomento da investigación, intercambio de coñecemento con Universidades e Centros Tecnolóxicos
- Definir políticas, actuacións e relacións de interese común para os asociados
- Fomentar o crecemento do mercado
PLANS DE FUTURO
- Realización de proxectos internacionais
- Plan de comunicación para a realización de grandes obras
- Proxectos de extensión do Cuaderno de Climatización Geotérmica a grandes superficies de solo
- Colaborar con entidades de todo o sector das enerxías renovables
Xunta Directiva – ACLUXEGA
ELIXIDA O VENRES 21 DE XULLO DE 2017 | ||
Presidente | Manuel López Portela | |
Vicepresidente | Manuel García Álvarez | |
Secretaria | Lucía Novelle Varela | |
Tesoureiro | Antonio Sanz Gómez | |
Vocais | David Novoa Rodríguez | |
Heriberto Prieto Fuentes | ||
Juan Ricoy Alonso |
Directora Xeral | ||
Belén Sio Lourido | Acluxega |