A enerxía xeotérmica presenta numerosas vantaxes frente aos sistemas de climatizació convencionais e frente ao resto de sistemas alternativos:
- Proporciona calefacción, auga quente e refrixeración a edificios e vivendas, mantendo a temperatura estable 24 horas ó día, os 365 días.
- O seu funcionamento baséase na temperatura do terreo, a cal se mantén constante todo o ano, non dependendo das condicións climáticas..
- A bomba de calor funciona sen combustión, polo tanto sen fumes, sen cheiros e sen contaminación. Enerxía segura e limpa.
- Sen necesidade de abastecerse de combustible (gasóleo, leña, pellets…). Unha vez instalada terás todo o necesario para manter o teu confort cun custo de mantemento moi baixo.
- Supón un aforro de ata o 70% na túa factura enerxética.
- Posibilidade de combinar a xeotermia con outras enerxías (sistemas híbridos).
- Supón un nulo impacto visual sobre as vivendas, sen chemineas, nin unidades exteriores nas fachadas e tampouco xera impacto sonoro.
- Esta enerxía ademais de ser renovable e reducir a dependencia de combustibles fósiles, facilita a dispoñibilidade de enerxía a un medo rural disperso como o galego.
- Galicia conta cun alto potencial xeotérmico, por ter un subsolo adecuado cunha condutividade térmica alta e un sector profesional para o aproveitamento desta enerxía.
- Non está suxeita a prezos internacionais, senón que sempre pode manterse a prezos nacionais ou locais.
- Permite flexibilidade na ubicación e readaptación para futuras necesidades da edificación.
PDF: COMPARACIÓN ENERGÍAS