SERVICIOS AOS ASOCIADOS

INFORMACIÓN
  • Actualidade referente á xeotermia e a outras enerxías renovables
  • Subvencións, axudas, licitacións, disposicións normativas de interese para os asociados
  • Información de cuestións puntuais de interese para un asociado ou un grupo de asociados, tramitacións, xestións, etc.
GRUPOS DE TRABALLO
  • Posibilidade de integración nos grupos de traballo xa creados.
  • Posibilidade de propor novos grupos de traballo de interese.
  • Actualmente: Selo de Calidade Instalacións, Selo de Calidade Perforación, I
  • Congreso ACLUXEGA ,I Expo Congreso Nacional sobre XEOTERMIA- II
  • Congreso de ACLUXEGA (Comité Organizador e Comité Técnico), Formación, Documentación, Normativa , Lexislación…
  • Existencia dun Regulamento de Réxime Interior dos Grupo/Comisións de Traballo.
REPRESENTACIÓN E REUNIÓNS
  • Representación do Clúster en actos coa administración, xornadas, ferias ou congresos
  • Establecemento de reunións con outros sectores de interese e con todo tipo de entidades que podan beneficiar aos asociados do Clúster
  • Realización de acordos de Colaboración e Convenios con outras entidades de interese para o sector

OS SELOS DE CALIDADE DE ACLUXEGA

SELO DE CALIDADE DE INSTALACIÓNS
Distintivo creado por ACLUXEGA para identificar a aquelas empresas que realizan súas instalacións cuns estándares de alta calidade
SELO DE CALIDADE DE PERFORACIÓN
Distintivo creado por ACLUXEGA para identificar a aquelas empresas que realizan perforacións xeotérmicas cuns estándares de alta calidade (en desenvolvemento) Os Estándares dos Selos de Calidade básanse nun conxunto de boas prácticas, definidas e desenvolvidas por un grupo de expertos na materia, que deben cumplir obrigatoriamente as empresas que realizan as obras para garantir sistemas eficientes, fiables, duradeiros e co máximo respecto ao medio ambiente.

Que ofrecen os Selos de Calidade de ACLUXEGA ás empresas?

  • Un distintivo de calidade pioneiro en España e en Europa
  • A erradicación das malas praxis que poñen en perigo o desenvolvemento da actividade e do mercado
  • ACLUXEGA comprométese a publicitar na súa páxina WEB aquelas empresas que ostenten o Selo de Calidade
  • Identificar e dar visibilidade a aquelas empresas que obteñan o selo de calidade, premiando así o uso de boas prácticas. As empresas distinguidas co selo poderán utilizalo no seu material promocional e ofertas comerciais

PRESENCIA / VISIBILIDADE DOS ASOCIADOS

  • Todo tipo de información na nosa páxina web, datos de contacto, localización, enlaces ás páxinas propias dos asociados, etc.
  • Listado na web segúndo a natureza dos asociados (fundadores, regulares, colaboradores, colectivos, de honor, institucionais)
  • Difusión específica das empresas que forman parte dos Selos de Calidade ACLUXEGA (instalacións e perforación)
  • Comunicación das actividades do clúster, difusión nos medios, etc.
  • Participación aberta aos asociados.

DIFERENCIACIÓN NAS ACTIVIDADES

Descontos en:
  • Todo tipo de actividades organizadas polo clúster (congresos, xornadas, cursos de formación)
  • Anuncios (documentos, difusión,…)
Cursos
    • “Curso de Instalacións de Climatización con Bomba de Calor Xeotérmica”, que permite acceder ao Selo de Calidade de Instalacións de ACLUXEGA
    • “Curso de Iniciación ás Instalacións Xeotérmicas de Climatización con Bomba de Calor”
    • “Curso de Aplicación práctica de Marketing para a venta de Sistemas Enerxéticos Renovables”
    • “Curso de posta en Marcha e Mantenimento De Bombas De Calor Xeotérmicas”

OUTRAS ACTIVIDADES

    • Realización de congresos, recientemente se desenvolveu o “ I Expo Congreso Nacional sobre Xeotermia- II Congreso ACLUXEGA: Eficiencia Enerxética e Reactivación Económica. Xeotermia e outras Tecnoloxías”
    • Formación: Cursos, Xornadas, Conferencias
    • Publicación do Manual de Climatización Xeotérmica ACLUXEGA
    • Premio á Divulgación e á Promoción da Xeotermia
    • Colaboramos co Comité de Expertos de AENOR para a elaboración dunha norma UNE para este tipo de instalacións, xa en exposición pública.
    • Promoción da Enerxía Xeotérmica e da súa tecnoloxía como unha das enerxías renovables máis eficientes do mercado
    • Impulsar a formación técnica continua do persoal das empresas e súa especialización en novas tecnoloxías, mediante o desenvolvemento de actividades de formación técnica e ocupacional