Desde a celebración do acto de firma do acordo con Galicia Calidade, o día 20 de abril en Santiago de Compostela, comexouse a tramitar o convenio de licencia de uso da Marca Galicia Calidade asociado a Marca Calidade Acluxega, permitindo o emprego compartido xunto coa marca de Calidade Acluxega nas instalacións de climatización xeotérmica.
O obxetivo desta colaboración, é:
- Distinguir as instalacións de enerxía xeotérmica realizadas por empresas galegas, que cumplan os máis altos estándares de calidade, garantía, eficiencia e fiabilidade.
- Conseguir a normalización das instalacións, xerando confianza, seguridade esatisfacción nos clientes e prescriptores, sobre a enerxía xeotérmica, permitindo incrementar o crecemento do sector.
- Trátase dunha Marca galega con calidade certificada que permite incrementar a presenza destas empresas no mercado.
As auditorias son realizadas por o Centro Tecnolóxico EnergyLab, auditando as instalacións realizadas co fin de ser outorgada a Marca Calidade Acluxega – Galicia Calidade para a instalación.
Actualmente as empresas autorizadas a realizar instalacións coa Marca Calidade Acluxega – Galicia Calidade, son:
![]() | ![]() | ![]() |
![]() | ![]() | ![]() |
![]() |
Argumentario
¿Cómo se accede á Marca Calidade de ACLUXEGA – Galicia Calidade?
-Calquera empresa pertencente a ACLUXEGA pode solicitar a ACLUXEGA a súa concesión:
Debe ser membro de ACLUXEGA e estar ao día no pago de cotas, así como abonar o custo da Marca.
-Será necesario que a empresa peticionaria conte como mínimo cunha persona que cumpla cos seguintes requisitos:
Ter superado o curso de habilitación correspondente, establecido por ACLUXEGA, ter superado o exame que permita a acreditación de experiencia.
Acreditar a experiencia na realización de instalacións e teña superado o exame correspondiente. Esta experiencia, considerarase acreditada se demostra ter realizado polo menos 2 instalacións, encontrándose estas instalaciones actualmente en funcionamiento comprobable, con certificado da autoridade competente de carecer de sancións e coa adecuada satisfacción do usuario.